• sla8.jpg
  • s2.jpg
  • s4.jpg
  • s9.jpg
  • s11.jpg
  • sla4.jpg
  • s7.jpg
  • sla5.jpg
  • sla1.jpg
  • s6.jpg
  • s3.jpg
  • s1.jpg
  • sla2.jpg
  • sla7.jpg
  • sla3.jpg
  • s5.jpg
  • s10.jpg
  • sla6.jpg
  • s8.jpg

promo

Grupo Hostaleiros Silleda

A agrupación dunha serie de profesionais do sector hostaleiro silledense foi o xerme que deu orixe á marca Grupo Hostaleiros Silleda. Este selo recoñece e identifica unha serie de establecementos que unidos, toman maior forza para acadar unha serie de beneficios e oportunidades que de xeito individual resultan máis complicados de conseguir.

Trátase dunha unión que permite dinamizar e potenciar a labor dos asociados optando a unha formación profesionalizada, así como unha maior promoción do servizo prestado. Deste xeito non só se actúa ante o incremento de posibilidades para os establecementos adheridos senón que se activa ao cliente/consumidor para incentivar a predilección do pequeno comercio.

O Grupo Hostaleiros Silleda alberga na actualidade a profesionais da hostalería como son o:

Os obxectivos marcados por Grupo Hostaleiros Silleda son:
- Defensa dos intereses comúns dos asociados.  
- Incrementar as posibilidades formativas para a profesionalización do sector.
- Organización de actividades promocionais que incentiven ao cliente/consumidor.
- Informar aos asociados das posibilidades das diversas axudas, subvencións e favorecer o coñecemento dos regulamentos e normativas que marcan o desenrolo da actividade mercantil neste sector.