• sla4.jpg
  • s9.jpg
  • s1.jpg
  • s6.jpg
  • sla3.jpg
  • s5.jpg
  • s2.jpg
  • sla7.jpg
  • sla1.jpg
  • s11.jpg
  • s8.jpg
  • s3.jpg
  • s7.jpg
  • sla2.jpg
  • s4.jpg
  • sla8.jpg
  • sla6.jpg
  • s10.jpg
  • sla5.jpg

promo

Restaurante

Restaurante González preséntalle unha ampla variedade de combinacións culinarias para que as súas comidas se convertan nun momento especial. Entre as nosas especialidades destacamos o marisco e o peixe, especialmente para os banquetes, sempre elaborados con produtos frescos e de gran calidade; mentres que nas carnes a richada convértese no prato estrela entre os nosos clientes.

Contamos con experiencia na celebración de eventos con gran número de comensais, como é o caso de bautizos, comuñóns, aniversarios ou reunións de empresa, pois poñemos a súa disposición un comedor con capacidade para unhas 300 persoas. Este local pode ser dividido para adaptar o espazo a pequenas celebracións mantendo un entorno con maior recollemento.

Servizos:

- Almorzos dende as 7.00 h. da mañá.

- Servizo de restauración.

- Cafetería.

- Catering.

- Picnic (para levar).

- Parking bicis.

- Desprazamento de equipaxes (Ourense - Santiago).

Comedor Detalle comedor División do comedor

Pratos de tempada

Debido á gran afección á caza e a pesca na zona de Trasdeza, en Restaurante González ofrecemos aos nosos clientes a posibilidade de preparar diversos pratos segundo a tempada, e sempre baixo encargo, para as reunións de cazadores e pescadores. Ademais, durante todo o inverno incluímos na nosa carta o prato típico da zona, o cocido galego.

Menú do día

Para favorecer aos comensais diarios, en Restaurante González contamos con menús do día a prezos moi asequibles para que os nosos clientes poidan gozar dun auténtico xantar caseiro e económico.

Cafetería

O noso servizo de cafetería mantense ininterrumpido de 7.00 da mañá a 1.30 horas da noite durante os días laborables, mentres que na fin de semana este horario redúcese de 9.00 da mañá a 1.30 horas da noite.

Nas nosas instalacións contamos con WIFI gratuíto para os nosos clientes de maneira que mentres vostede se toma un café no noso local, ou na terraza cuberta, poida conectarse a internet sen coste algún.

Cafetería